Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2020

Concurso "Chapas 25_N"

Con motivo do 25_N "Día contra a violencia de Xénero" o Grupo de Igualdade do IES de Teis en coordinación coas titorías da ESO e FP Básica organizan un concurso de deseño de chapas conmemorativas do 25_N.  O concurso establece dous premios por cada categoría: Premio do xurado e Premio do alumnado .  O xurado do concurso confórmase polo seguinte profesorado do IES: Conchi Pregigueiro, Samuel Castro e Eduardo Berea A través dos "comentarios" da web  todo o alumnado do IES pode votar en calquera categoría elixindo entre 1 e 3 por categoría  e asinando o voto con nome e apelidos. En base ao establecido nas bases do concurso organízanse 3 categorías diferenciando os diferentes niveis participantes: a) Categoría #1: 1º e 2 º ESO b) Categoría #2: 3º e 4º ESO c) Categoría #3: FP Básica 1 e 2 Os Premios serán dous por cada categoría. En total 6 premios, tres en base á votación do xurado do profesorado e os outros tres en base á votación telemática do alumnado. Próximame

Categoría #1 : 1º e 2º ESO / Vota !

No primeiro ciclo da ESO (1º e 2º) presentáronse 24 (-1) MAGNÍFICAS propostas !!! Elixe por orde as 3 que máis che gusten e escribe nos "comentarios" coa referencia (número) de cada unha. IMPORTANTE !!! Non esquezas asinar co teu nome e apelidos !! Nota. Podes "comentar" de 3 formas diferentes: a) rexistrado en gmail b) Co teu nome c) Anónimo. Se elixes "Anónimo", non esquezas poñer o teu nome/apelidos no "comentario". 

Categoría #2 : 3º e 4 º ESO / Vota !

No segundo ciclo da ESO (3º e 4º ) presentáronse 18  ABRAIANTES propostas !!! Elixe por orde as 3 que máis che gusten e escribe nos "comentarios" coa referencia (número) de cada unha. IMPORTANTE !!! Non esquezas asinar co teu nome e apelidos !! Nota. Podes "comentar" de 3 formas diferentes: a) rexistrado en gmail b) Co teu nome c) Anónimo. Se elixes "Anónimo" non esquezas poñer o teu nome/apelidos no "comentario"  

Categoría #3: FP Básica / Vota !

No ciclo de FP Básica (1º e 2º) presentáronse 65  SORPRENDENTES propostas !!! Elixe por orde as 3 que máis che gusten e escribe nos "comentarios" coa referencia (número) de cada unha. IMPORTANTE !!! Non esquezas asinar co teu nome e apelidos !! Nota. Podes "comentar" de 3 formas diferentes: a) rexistrado en gmail b) Co teu nome c) Anónimo. Se elixes "Anónimo" non esquezas poñer o teu nome/apelidos no "comentario"